Investigan a un lucense que contratou o wifi e comprou produtos a nome dun amigo

O denunciante é un veciño de Betanzos, que perdería deste xeito un total de 613,19 euros

El malware se adueña de los routers domésticos. EP
photo_camera Un router doméstico. EP

O Equipo de Estafas Telemáticas da Garda Civil investiga a un veciño de Lugo que, supostamente, contratou unha rede wifi e comprou produtos informáticos a nome dun amigo.

Segundo informou o corpo, os feitos ocorreron durante a fase de explotación da operación Telekar, iniciada por mor da denuncia de un veciño de Betanzos, que manifestaba que unha compañía de telefonía reclamáballe importes impagados por servizos que non contratara.

Os axentes investigaron os feitos e constataron que se formalizou un contrato de alta dunha rede wifi e a compra dunha serie de produtos informáticos a nome do denunciante, sen o seu consentimento, causándolle un prexuízo económico de 613,19 euros.

A Garda Civil logrou despois identificar ao presunto autor dos feitos, un veciño de Lugo co que o denunciante mantivera unha relación de amizade no pasado.

Comentarios