Unha investigación do campus confirma a viabilidade do cultivo de árnica en Galicia

O estudo constata que as propiedades medicinais da planta, con efectos antiinflamatorios, son aínda máis acentuadas na maioría de poboacións desta variedade que existen en Galicia

Flor de árnica, en un campo chairego. USC
photo_camera Flor de árnica, nun campo chairego. USC

Un proxecto do Campus Terra, que conta co financiamento da Deputación de Lugo, permitiu constatar a viabilidade do cultivo de árnica montana en Galicia, ademais de comprobar que "o habitual quimiotipo ibérico desta planta" en territorio galego "amplía as súas propiedades medicinais", o que "esperta unha maior demanda por parte da industria farmacéutica".

Rosa Romeu e Manel Beira. USCSon resultados preliminares dun proxecto no que levan dous anos traballando os profesores Rosa Romero e Manel Vera, xunto con outros investigadores da Escola Politécnica Superior de Enxeñería e da facultade de Veterinaria de Lugo.

De momento, eses resultados preliminares "non fan máis que ratificar o potencial dun recurso natural silvestre que, atendendo aos ensaios desenvolvidos, tamén se podería cultivar", segundo informa a USC.

As propiedades farmacolóxicas e medicinais da árnica, unha planta con efectos antiinflamatorios, son incluso "máis acentuadas" no caso da maioría das poboacións de árnica en Galicia, segundo explica a investigadora do departamento de Produción Vexetal da USC Rosa Romero, que xa participara en estudos previos sobre esta planta.

Sostén que a maior vantaxe competitiva da árnica en Galicia, en relación con variedades desta especie presentes noutras rexións, é que produce menos efectos alerxénicos". Trátase dunha "singularidade que, como é obvio, incrementa o interese por parte das industrias e das compañías farmacéuticas", aclara.

Comentarios