Intriga e 'picada' no antigo cárcere de Lugo

O vello presidio foi escenario dun goteo constante de lucenses interesados en ver como se rehabilitou edificio do novo centro cultural. O Concello suspendeu a exposición prevista
Concierto de este viernes con numeroso público, y visitantes recorriendo el edificio
photo_camera Concierto de este viernes con numeroso público, y visitantes recorriendo el edificio

Desde que abriu portas, o centro cultural levantado sobre o vello cárcere foi escenario este venres dun goteo constante de visitantes. Quedou probado o interese dos cidadáns por coñecer a rehabilitación e as oportunidades que ofrece o histórico edificio.

Moitos puideron satisfacer a curiosidade, pero a moitos deixoulles un resaibo amargo a primeira ‘picada’ no proxecto: non se abriu a exposición prevista, que debía repasar a historia do vello presidio.

O Concello achacou a un "imprevisto de carácter técnico" a cancelación da apertura da mostra ‘ Un cárcere, unha porta e un xardín’. Foi unha consecuencia do apurada que foi a finalización da obra e a apertura do espazo cultural, que se fixo ao límite do prazo posible.

Con todo, os lucenses non deixaron este venres de visitar o edificio e o público respondeu á hora de asistir ao concerto do cuarteto de Lugo Camerata, que estivo acompañado de Maite Belón ao piano.

Un dos aspectos que destacan quen asistiron aos primeiros concertos é a "excelente sonoridad" do recinto. Iso fixo do concerto un éxito.

Outros moitos foron, simplemente, para coñecer o edificio e non faltaron tampouco quen acudiron a coñecelo porque tiveron familiares que cumpriron prisión alí e querían visitar as celas nas que os seus cumpriron condena, en moitos casos por motivacións políticas.

Comentarios