Internos de Bonxe axudan nos labores de limpeza das Insuas do Miño

Colaboran coa Asociación Galega de Custodia do Territorio na conservación da contorna do río
Trabajos de limpieza en las Insuas do Miño
photo_camera Trabajos de limpieza en las Insuas do Miño

Internos do centro penal de Bonxe colaboraron en días pasados coa Asociación Galega de Custodia do Territorio nos traballos de limpeza dos prados das Insuas do Miño. Os traballos centráronse na recollida de vexetación para a súa posterior retirada e a construción de pajares tradicionais nas zonas de menor acceso das Insuas. 

Estas actividades englóbanse no programa de mantemento e conservación de espazos naturais que desenvolve a Asociación Galega de Custodia do Territorio. Neste caso, os labores foron precedidas dun convenio de colaboración entre o citado colectivo, a Deputación Provincial de Lugo e os propietarios dos terreos nos que se actúa. 

VALOR NATURAL. Os responsables da asociación inciden en que as Insuas do Miño constitúen "un espazo de grande interese ambiental" que é necesario conservar. Xunto cos territorios que bordean o río Miño, as illas forman parte da área declarada reserva da biosfera pola Unesco e, polo tanto, de obrigada conservación. 

A Asociación Galega de Custodia do Territorio quixo nesta ocasión implicar aos internos do centro penal de Bonxe nesta tarefa. O colectivo colabora habitualmente cos responsables do centro na organización de actividades formativas ou de integración social.

Comentarios