Interceptan nas Gándaras a un condutor con placas falsas, sen seguro nin ITV

Os axentes localizárono nunha "quedada" de vehículos no polígono lucense

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron durante a madrugada do pasado sábado -17 de outubro, no marco dun dispositivo de vixilancia despregado tras ter constancia dunha “quedada” de vehículos no polígono das Gándaras a través das redes sociais, a un condutor que levaba as placas do coche do seu pai e que carecía de seguro e ITV.

Segundo informou a Policía Local, os feitos sucederon sobre as 00.05 horas do pasado 17 de outubro, cando os axentes decatáronse de que un vehículo circulaba con placas de diferente numeración na matrícula dianteira e na traseira.

Ao darlle o alto, comprobaron que a placa dianteira correspondíase coa do vehículo, mentres que a traseira era a do coche do seu pai.

Tras realizar as correspondentes comprobacións, os axentes verificaron que o coche carecía de seguro obrigatorio e tiña a ITV caducada. Ademais, puideron comprobar, polo número da matrícula, que o vehículo do pai tampouco tiña seguro nin ITV en vigor.

Os policías tramitaron dilixencias por falsificación de documento público, ademais de cursar as correspondentes denuncias por circular sen seguro e sen ITV. O coche foi inmobilizado no depósito municipal.