Interceptados nun control en Lugo tres condutores que dan positivo en alcol e un en drogas

A Policía Local tamén detectou dous vehículos sen ITV e un sen seguro
Un control de la Policía Local de Lugo. AEP
photo_camera Un control policial en Lugo. ARQUIVO

A Policía Local de Lugo interceptou na noite do mércores tres condutores que deron positivo na proba de alcoholemia, así como outro que conducía a pesar de carecer de carné por non realizar o curso de reeducación obrigatorio. 

Segundo informou este xoves a Policía Local, o resultado das probas de alcoholemia foi de 0,49 miligramos de alcol por litro de aire expirado, 0,63 e 0,56. Ademais, outro condutor deu positivo en drogas, en concreto en THC —cannabis—.

Os axentes tamén sorprenderon na Ronda da Muralla dous vehículos que circulaban sen ter pasado a inspección técnica periódica e outro sen o seguro obrigatorio