Cazadas dúas persoas a bordo dun patinete eléctrico en sentido contrario en Lugo

Foron interceptadas por unha patrulla da Policía Local na avenida Ramón Ferreiro
Patinetes eléctricos. PIXABAY
photo_camera Patinetes eléctricos. PIXABAY

Axentes da Policía Local de Lugo interceptaron a dúas persoas que ían a bordo dun patinete eléctrico e circulaban en sentido contrario pola calzada. Sucedeu este martes na Avenida de Ramón Ferreiro.

Os dous ocupantes do vehículo circulaban en sentido contrario, "facendo zig-zag" entre os coches que transitaban a esa hora pola calzada cando foron avistados por unha patrulla. A Policía Local cualifica o seu comportamento como "unha clara condución neglixente".

O propietario do patinete foi denunciado por unha infracción do Regulamento Xeral de Circulación. 

Comentarios