Instalan bolardos no carril interior da muralla para evitar estacionamentos

Urbanismo puxo ao día 50 licenzas no rural pendentes
Bolardos en el carril interior de la muralla. A.T.
photo_camera Bolardos no carril interior da muralla. A.T.

A área de Urbanismo do Concello de Lugo instalou esta semana unha serie de bolardos fixos disuasorios para evitar o estacionamento de vehículos xunto ao paso de peóns de Pórtaa de Santiago para que desta forma non se vexa alterado o tráfico neste tramo.

LICENCIAS NO RURAL. O mesmo departamento municipal puxo ao día, en catro meses e cun plan de choque, todas as licenzas pendentes no rural. Desde xullo e ata novembro, foron revisados e informados 50 expedientes con máis de tres anos de antigüidade que quedaban inconclusos.

Infografía da Mosqueira que reflicte o proxecto de peonalización. EPDoutra banda, o goberno adxudicou este mércores por 588.836 euros os traballos para a peonalización da muralla na zona de A Mosqueira. As obras encargáronse á empresa Irmáns Pico Yañez e terán un prazo de execución de oito meses, como estaba previsto. O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, insistiu en que coa posta en marcha dese proxecto quedará reflectida o xeito de humanizar a contorna do monumento máis importante de Lugo.

O Concello ten deseñado xa o plan de tráfico para sacar os coches desa zona, onde se creará unha gran praza, con zonas verdes e espazo para a realización de actividades culturais e de lecer. A obra irá ata San Pedro.

O peche da vía demorarase, no entanto, durante semanas, xa que Arroxo dixo que a expectativa é iniciar as obras nos primeiros meses de 2021. Destacou que co peche ao tráfico gañarán protagonismo elementos como as torres da Mosqueira ou o edificio racionalista do arquitecto Eloy Maquieira.

Comentarios