martes. 02.03.2021 |
El tiempo
martes. 02.03.2021
El tiempo

Infraestruturas supervisou as obras de mellora de varios viarios na Ponte

López, Arroxo y Penas durante su visita al barrio de  A Ponte. EP
López, Arroxo e Penas durante a súa visita ao barrio da Ponte.
Rubén Arroxo asegurou que, ademais de acometer "grandes proxectos", tamén traballan nos barrios

O tenente de alcalde, Rubén Arroxo, xunto co concelleiro de infraestruturas urbanas, Alexandre Penas, e a edil de participación, Cristina López, visitaron este sábado o barrio da Ponte, onde nas últimas semanas realizáronse unha serie de actuacións de mellora en distintos viarios.

Rubén Arroxo explicou que, durante o ano 2020, o Concello puxo en marcha medio centenar de intervencións por toda a capital, tanto no centro da cidade como en todas as zonas periurbanas.

"Aínda que no ano pasado comezaron grandes proxectos que cambiarán a cidade, como a peonalización de Quiroga Ballesteros, traballamos tamén a diario na mellora e mantemento de todos os barrios", explicou Arroxo, quen agregou que estas actuacións permiten mellorar cuestións importantes para os veciños, "como a accesibilidae ou a seguridade".

Así as cousas, o tenente de alcalde sinalou que desde a área de mobilidade que el dirixe planifícase o traballo "tanto coa información que nos fan chegar vos veciños dos barrios e coas distintas visitas que realizamos para coñecer de primeira man as necesidades de cada zona", declarou.

Rubén Arroxo manifestou que toda a información que reciben na concellaría por ambas as vías tamén se complementa coas visitas "que realizamos aos distintos barrios, xa que nos permiten levar a cabo a planificación de traballo que realizamos por toda a cidade", agregou o concelleiro.

FONTIÑAS. Durante a última semana, acometéronse obras de mellora en distintas rúas da cidade, como a subsanación do asfaltado e as deficiencias na adherencia que presentaba o Carril do Xuízo, situado na Ronda das Fontiñas.

Infraestruturas realizará un investimento de 29.026,69 euros na mellora desta rúa, dado que se trata dun trazado que conta cun tránsito importante de veciños e automóbiles.

Infraestruturas supervisou as obras de mellora de varios viarios na...