martes. 24.11.2020 |
El tiempo
martes. 24.11.2020
El tiempo

Un informe policial confirma a ocupación ilegal de 14 inmobles en Lugo

Vivenda tapiada en Lugo. ARQUIVO
Vivenda tapiada en Lugo. ARQUIVO
O PP critica ao goberno municipal e defende a creación dunha oficina de asesoramento aos afectados

Un informe policial, datado a principios desta semana, revela que na cidade de Lugo hai polo menos 14 inmobles ocupados de forma ilegal, segundo informou o grupo municipal do Partido Popular, que tivo acceso a ese documento. O seu portavoz, Ramón Carballo, cualificou de "lamentable" que os socios do goberno local bipartito non consideren que esta situación sexa "un problema" na cidade, como se puxo de manifesto na comisión municipal de economía celebrada este venres.

Ao seu xuízo, é grave que a propia concelleira responsable admitise nesa comisión que "as instrucións que transmite o goberno local" aos veciños a través da Policía Local sexan "tapiar as casas baleiras para que non llas ocupen".

Recordou, así mesmo, que o seu grupo segue defendendo a creación dunha oficina de asesoramento xurídico e social que atenda á persoa afectadas, ademais de reclamarlles a socialistas e nacionalistas que lle busque "un encaixe" a este servizo dentro da estrutura municipal. De feito, segundo Carballo, "non deixan de pór trabas" á súa creación porque "din que suporía unha competencia cos avogados".

O portavoz popular recordou que existe un acordo plenario de 2018, a instancias do PP, para a creación desa oficina.

Un informe policial confirma a ocupación ilegal de 14 inmobles en Lugo
comentarios