Un incendio destrúe unha casa de dous pisos no barrio lucense de Galegos

O lume comezou nunha estufa do edificio, ocupado por un ancián de 81 anos

Un incendio, provocado por unha estufa, destruíu este luns unha casa de dúas plantas no barrio de Galegos. Só librouse o todoterreo que se atopaba no garaxe.

O seu único morador, un ancián de 81 anos, foi traslado por unha ambulancia ao Hula como medida preventiva. O octoxenario subiuse ao vehículo de urxencias polo seu propio pé.

Ao principio temeuse que o lume se propagase ás casas contiguas, pero non foi así.

Un par de bombeiros que gozaban do día de descanso incorporáronse ao servizo dada a magnitude do incendio.

Comentarios