Condenado a 10 meses de cárcere por furtar un quad nunha casa de Cima de Vila

Ademais de levar o vehículo, valorado en 1.920 euros, o acusado apoderouse dun casco
La Audiencia Provincial de Lugo, donde se confirmó el fallo. AEP
photo_camera La Audiencia Provincial de Lugo, donde se confirmó el fallo. AEP

O xulgado do Penal número 2 de Lugo impuxo unha condena de dez meses de prisión a un mozo acusado de furtar un quad. Os feitos sucederon en abril de 2017, cando o home se apoderou dun quad, marca Yamaha, que o seu propietario tiña aparcado nun alpendre próximo á súa vivenda en Cima da Vila, Ademais de levar o vehículo, valorado en 1.920 euros, o acusado apoderouse dun casco. O quad foi recuperado o 2 de febreiro de 2018 no garaxe do acusado, en Soñar.

O acusado negou os feitos e asegurou que tiña o vehículo no seu poder porque llo comprou ao seu propietario, pero non tiña ningún documento que acreditase a compravenda, polo que o xuíz chegou á conclusión de que a súa versión estaba "completamente orfa de acreditación".

O acusado recorreu a condena ante a Audiencia Provincia de Lugo e a sala confirmou o fallo do Penal 2.