Imaxinación que desborda nos XVII Premios Muralla

Un total de 2.577 traballos competiron nas dúas categorías de debuxo e redacción do certame convocado por El Progreso e Telelugo

Parece mentira que a muralla de Lugo poida dar tanto de se como elemento dun debuxo ou como protagonista dunha redacción, pero, ano tras ano e xa van dezasete, os escolares galegos demostran que a súa imaxinación é monumental e non se esgota. Un total de 2.577 traballos competiron este luns nas dúas categorías de debuxo e redacción dos XVII Premios Muralla de Lugo de Debuxo e Redacción Infantís, convocado por El Progreso e Telelugo, en colaboración coa Xunta, o Concello, a Deputación e a USC.

O xurado recoñeceu que a tarefa era moi complicada, dada a variedade, orixinalidade e a cantidade de traballos. A presidenta do Grupo El Progreso, Blanca García Montenegro; a alcaldesa, Lara Méndez; o presidente da Deputación, Darío Campos; o vicerreitor do campus da USC en Lugo, Javier Bueno Lema e a xefa da área de Cultura da delegación territorial da Xunta de Galicia, María José Gómez Rodríguez, encargáronse de percorrer os 2.240 debuxos, expostos no Pazo de Feiras e Congresos, e de ler as 337 redaccións para seleccionar os finalistas e gañadores.

Finalmente, resultaron premiadas Laura Villa Latas, do IES Plurilingüe Eusebio de Guarda (A Coruña), na categoría de debuxo, e María Armada Fontenla, do centro Castrelo de Miño (Ourense), na de redacción.

Nesta decimo sétima edición participaron alumnos das catro provincias galegas, o que, a xuízo do xurado, demostra o crecente coñecemento que os estudantes teñen da muralla lucense. En total, foron 56 centros, tanto de Primaria como de Secundaria, os que fixeron chegar os seus traballos ao certame e os centros que resultaron galardoados nas categorías de traballos de grupo foron o Salesianos-Divina Pastora, en canto a redaccións, e Franciscanos, en debuxo.

Máis información na edición impresa de El Progreso deste martes

Comentarios