Imaxes que fixan memoria

A sociedade estatal Acción Cultural Española inaugurou este xoves no centro de Lugo a exposición "50 fotografías con historia", un percorrido polos últimos oitenta anos a través de instantáneas
Un ciudadano recorre la exposición. SABELA FREIRE
photo_camera Un cidadán percorre a exposición. SABELA FREIRE

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, xunto á alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a directora da programación da sociedade estatal Acción Cultural Española (Ace), Isabel Izquierdo, inauguraron o xoves a exposición 50 fotografías con historia.

Situada na Praza Horta do Seminario, esta exposición itinerante poderá verse ata 8 de setembro, segundo informa Nuria López. Desde alí, tomará despois camiño cara a Santiago, Logroño e Oviedo.

Esta mostra fai un repaso aos últimos 80 anos de historia colectiva, desde Guerra Civil ata a actualidade, pasando pola Transición ou a movida madrileña. O proxecto recolle a personaxes históricos como Fidel Castro, o Che Guevara, os Beatles ou un mozo Manuel Fraga.

"Moitas veces as historias ou as noticias pasan, pero a imaxe quédasenos gravada na retina", afirmou a alcaldesa lucense, que destacou a gran calidade dos fotógrafos participantes. Entre eles atópanse 17 premios Nacionais de Fotografía e 2 de Artes Plásticas.

El comisario explica una de las fotos. SABELA FREIRETanto ela como o comisario da exposición, José María Díaz Maroto, destacaron que era unha opción de lecer para todos os públicos, ao aire libre e segura para estes tempos de pandemia.

Tamén eloxiaron o seu interactividade: estas fotografías van acompañadas dunha pequena descrición e dun código QR para saber máis, ou incluso se pode facer a visita de xeito virtual. Ademais, estarán iluminadas pola noite, o que permite visitalas a calquera hora do día.

Entre os fotográfos atópanse dous galegos: Virxilio Viéitez e Xurxo Lobato. Este último participa cunha histórica foto do desastre do Prestige, e Viéitez faio con Dorotea Cara, unha imaxe que fala das luces e sombras da emigración galega, dos que quedan.

Méndez falou do gran privilexio que era acoller esta exposición, que chega da embaixada española en Washington D.C. e que percorrerá o mundo enteiro: "Para nós, colaborar coa cultura é colaborar co crecemento", declarou a alcaldesa. Tamén encomiou esta oportunidade de dinamizar as rúas e crear ilusión e optimismo en tempos de covid.

Comentarios