A multinacional Idom fará o proxecto da nova estación de autobuses de Lugo

A Xunta sacou a concurso este proxecto por case 195.000 euros e un prazo de execución de once meses
Representación de la futura intermodal de Lugo. AEP
photo_camera Recreación da futura estación intermodal da cidade. AEP

A Xunta asinou o venres a adxudicación á multinacional de orixe vasca Idom a elaboración do proxecto básico e de execución da nova estación de autobuses de Lugo, dentro do futuro complexo intermodal do barrio da Estación. Idom é unha firma con experiencia neste tipo de proxectos posto que xa participou na realización de estudos para as estacións intermodais de Ferrol, A Coruña e Santiago.

A Xunta sacou a concurso este proxecto por case 195.000 euros e un prazo de execución de once meses e a oferta de Idom foi a que obtivo mellor puntuación, das catro que se presentaron. Idom competiu coa multinacional as UTEs Iglesias Veiga-Vázquez- Muíño-Martínez Segovia; Enxeñería do Noroeste-CCD 89 Arquitectura e Temha SL-Vier Arquitectos.

O proxecto estará financiado ao 80% con fondos europeos e levará a cabo de forma paralela ao deseño do espazo que deixará libre a actual estación de autobuses. A administración autonómica convocou outro concurso público para este proxecto, ao que concorren dez empresas e que aínda non foi resolto porque se requiriu máis documentación a algún dos licitadores.

A estación de autobuses farase á beira da nova terminal ferroviaria que construirá Adif e encima do aparcadoiro que dará servizo ao complexo intermodal e que tamén executará o administrador ferroviario, aínda que a Xunta e o Goberno central aínda non teñen pechada a fórmula de nbsp;financiamento&desta parte.

O Colexio de Arquitectos recorreu, sen éxito, ambos os concursos porque considera que fanse con moi pouco prazo para presentar ofertas e sen un xurado especializado.

Comentarios