Identificado o dono duns aveños acumulados detrás dunha nave no Ceao tras un incendio

Os agentesrealizaron acta denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia.

Axentes da Unidade Territorial de Policía de Barrio da Policía Local de Lugo identificaron ao dono duns aveños acumulados na parte posterior dunha nave industrial logo de rexistrarse un incendio. 

Segundo relatou a Policía Local, na tarde do pasado 23 de outubro unha patrulla detectou que na parte posterior dunha nave do polígono industrial do Ceao produciuse un incendio de diferentes apeiros, chatarra, mobles e outros, que foi sufocado por unha dotación de bombeiros. 

Os axentes identificaron ao responsable e realizaron acta denuncia por infracción á Lei de Residuos de Galicia. As mesmas fontes indicaron que o dono manifestou que acumulara eses aveños na parcela "xa que non ten sitio onde deixalos".