Ideas para resaltar o patrimonio

Elixidos os seis proxectos do certame "Connexio espazos para a reflexión", que promove o Camiño Primitivo, entre 220 propostas
Iglesia de San Pedro de Mera. EP
photo_camera Igrexa de San Pedro de Mera. EP

A primeira edición do certame 'Connexio espazos para a reflexión', unha iniciativa que promove a ruta do Camiño Primitivo, xa conta con seis proxectos premiados, elixidos entre 220 propostas artísticas, que se desenvolverán nas igrexas da zona rural de Lugo situadas ao pé da ruta peregrina.

As intervencións, que iniciarán en setembro e contarán nalgúns casos coa participación dos veciños e público, abarcan accións sonoras, pictóricas, escultóricas e perfomance, que fusionarán a arte sacra e contemporánea nunha acción cultural pioneira en España.

O xurado do programa destacou a alta calidade e variedade das propostas así como a dificultade á hora de elixir os premiados entre tantos proxectos que proveñen de España, Reino Unido e Alemaña.

Algúns dos requisitos que tiveron en conta foi a orixinalidade, a calidade e excelencia das obras. Ademais, buscaban proxectos claros e viables, con intervencións que respectasen o patrimonio e medio ambiente e que contasen coa participación dos veciños das distintas parroquias.

Cabe destacar que os artistas visitaron as igrexas para poder adaptar os seus proxectos, o que produciu gran interese entre os residentes do rural ao non estar informados o programa. Máis tarde, a alcaldesa reuniuse con eles para explicarlles a iniciativa.

Ideas para resaltar o patrimonio

CERTAME. "Connexio, espazos para a reflexión", é un programa promovido pola área de desenvolvemento local e que conta coa colaboración do Obispado de Lugo. O seu obxectivo principal é pór en valor o itinerario xacobeo de face ao próximo Ano Santo como elemento dinamizador das artes, do talento e do patrimonio cultural, histórico e arquitectónico do rural, ademais de desenvolver a aposta do Concello por un turismo que busca experiencias diferentes a través deste tipo de programas.

Comentarios