sábado. 06.06.2020 |
El tiempo
sábado. 06.06.2020
El tiempo

O Hula non cubriu aínda "a metade da capacidade da Uci" polo coronavirus

Entrada ao servizo de Urxencias do Hula. XESÚS PONTE
Entrada ao servizo de Urxencias do Hula. XESÚS PONTE
Os responsables aseguran que as medidas de confinamento están a funcionar e reflíctense no número de casos

O director Asistencial do Sergas en Lugo, Rafael Monte, confirmou que se está producindo un “incremento paulatino” da presión asistencial como consecuencia do coronavirus, pero recorda que aínda non se chegou a ocupar “a metade da capacidade teórica da UCI en canto a pacientes con Covid-19”.

O doutor Monte recoñeceu que está aumentado o número de pacientes que acode ao servizo de Urxencias e de persoas que teñen que ser ingresadas con infeccións respiratorias a causa do Covid-19, pero “a un ritmo” que, polo menos de momento, permítelles aos profesionais sanitarios “adaptarse á situación”.

“Non estamos a vivir unha explosión de casos. As medidas de confinamento están a cumprirse e estanse notando os efectos”, engadiu.

Seguramente, se se cumpren as previsións, “a finais desta semana rexistrarase o “maior número de ingresos hospitalarios” e “cinco ou sete días despois producirase previsiblemente “a maior presión asistencial sobre as unidades de críticos”.

Aínda así, de acordo co plan de contigencia intrahospitalaria, confía en asumir ese incremento de ingresos “coa capacidade de camas” que ten o HULA e que “a UCI non se vexa desbordada”, porque “aínda non chegamos á metade da capacidade teórica” das unidades de críticos no referente a pacientes de Covid-19.

“A nosa previsión inicial, xa veremos que sucede, é que non a imos a superar”, concluíu. 
 

O Hula non cubriu aínda "a metade da capacidade da Uci" polo...
comentarios