O hotel Pazo de Orbán prepara a súa ampliación e logra o primeiro aval municipal

O proxecto de ampliación súmase a outras iniciativas que hai en marcha na cidade para ampliar a oferta hostaleira

Hotel Pazo de Orbán. ARCHIVO
photo_camera Hotel Pazo de Orbán. ARQUIVO

O Concello aprobou este xoves o primeiro trámite para a ampliación do hotel Pazo de Orbán, situado nun dos edificios máis amblemáticos do centro histórico de Lugo, na Tinería.

Así, a xunta de goberno municipal aprobou o proxecto urbanístico para a agregación de dúas unidades edificatorias na Tinería, como paso previo para a ampliación do establecemento, que responde á catalogación de hoteis con encanto e nestes momentos ofrece un número moi limitado de habitacións.

O proxecto de ampliación súmase a outras iniciativas que hai en marcha na cidade para ampliar a oferta hostaleira. O crecemento da demanda, como consecuencia do aumento do turismo nos últimos anos, está a facer que se poñan en marcha novos proxectos.

Entre as iniciativas que se están xestando está a creación dun novo hotel na zona de Ramón Ferreiro. Tamén empresas xa consolidadas, como o Gran Hotel, están nos últimos meses facendo melloras nas súas instalacións.

O aumento do turismo levou tamén que se incremente en Lugo a oferta de pisos turísticos. Redobrouse tamén a oferta de albergues de peregrinos.

Persoal

. Por outra banda, a xunta de goberno do Concello rexeitou onte un recurso contra o nomeamento do director de recursos humanos do Concello, segundo anunciou a concelleira Carmen Basadre.

Comentarios