domingo. 25.10.2020 |
El tiempo
domingo. 25.10.2020
El tiempo

Os hostaleiros confían en que Sanidade levante as restricións para San Froilán

Terrazas en Lugo. SEBAS SENANDE
Terrazas en Lugo. SEBAS SENANDE
A posibilidade de instalar durante o mes de outubro caldeiros de polbo na vía pública foi moi ben acollida entre os profesionais do sector

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, Cheché Real, recoñeceu que o sector confía en que "o comité clínico de expertos que asesora á Xunta de Galicia abra a man o vindeiro mércores -día 30 de setembro- e levante as restricións" especiais ordenadas para frear o brote de Covid-19 detectado na cidade.

"Temos a esperanza de que iso sexa así", dixo Cheché Real, quen recordou que a próxima semana coincide co que sería, en circunstancias normais, o inicio das patronais de San Froilán, unha das épocas máis importantes do ano para a hostalería local.

Aínda que non haberá festas, o Concello de Lugo organizou unha semana de actividades culturais, con concertos os barrios de grupos galegos e locais, que Real confía en que permita dinamizar, aínda que sexa coa precaución necesaria pola pandemia, a vida social da cidade durante os próximos días.

Por iso "se a situación sanitaria vai a mellor", espera que sexan levantadas as restricións que impiden o consumo na barra e limitan o aforamento no interior dos locais e nas terrazas.

"Estamos nunha situación complicada", recoñeceu Real, quen tamén informou de que foi moi ben acollida entre os profesionais do sector a posibilidade de instalar durante o mes de outubro caldeiros de polbo na vía pública.

Desde o seu punto de vista, haberá caldeiros de polbo "por toda a cidade", tanto no "centro histórico, que é o buque insignia á hora de atraer visitantes", como nos "barrios".

Os hostaleiros confían en que Sanidade levante as restricións para...
comentarios