sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

Os hostaleiros de Lugo insisten en pedir á Xunta que permita abrir ata as 23.00 horas 

Local de hostelería, cerrado por el estado de alarma. RAFA FARIÑA
Local de hostalería. RAFA FARIÑA
Avogan igualmente polo incremento dos aforamentos e os espazos

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Cheché Real, asegurou este xoves que volverán pedir á Xunta de Galicia que permita a apertura dos restaurantes ata as 23.00 horas e, xa que logo, amplíe ata esa hora o toque de queda, actualmente en vigor desde as 22.00 horas. Esta petición trasladarana na reunión que van manter co vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e cos conselleiros de Sanidade e de Emprego, á vista da evolución positiva dos contaxios sobre todo en Lugo. 

Ademais desa "ampliación de horarios", tamén anticipa que solicitarán que se aumente os aforamentos e os "espazos" para permanecer nos locais de hostalería. Pero, insistiu en que presionarán para que "sobre todo se permita traballar ata as once da noite, polo menos nos restaurantes".

"Habería que distinguir, poderíase seguir ata as nove da noite pero os restaurantes ata as once porque están a traballar a medio gas. Os restaurantes economicamente están pillados por todos os lados porque só poden traballar ao mediodía", lamentou. Cheché Real, á súa vez, demanda unha maior présa na administración das vacinas. "O noso maior inimigo son os contaxios e a solución pasa pola vacinación", advirte. 

Finalmente tamén avisou sobre a "incerteza" que se cerne sobre o sector despois de que se anunciou o termo do estado de alarma a partir do próximo 9 de maio. "E a incerteza non é só pola cuestión sanitaria (sobre o fin do estado de alarma), senón tamén polo tema dos ERTEs e como vai quedar todo iso", esgrimiu o presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo. 

Os hostaleiros de Lugo insisten en pedir á Xunta que permita abrir...
comentarios