A súa aposta polo cultivo e a venda dos produtos asiáticos nace da súa experiencia previa traballando nun restaurante chinés.
Así mesmo, Gerardo nunca estivo nun país asiático, pero si tivo a oportunidade de facelo. O ano pasado puido realizar unhas prácticas de seis meses en China. Con todo, a longa estadía de seis meses, o prezo duns 3.000 euros e a necesidade de saber inglés, fixeron que non se decantase.
Como vendedor puido experimentar de primeira man a pegada da pandemia do coronavirus na venda de produtos na Praza. Gerardo explicou a súa propia percepción: "Adoita haber pouca xente, nótase moito a diferenza". Con todo, os clientes que deciden comprar fano sen medo e sen desconfianza. A demanda adoita ser a particulares.
Como produtor hortícola recomenda para o cultivo ter un invernadoiro, xa que resulta mellor que a plantación ao aire libre. Destaca o curioso cultivo dun calabacín denominado esponxa vexetal ou luffa: "O calabacín sécase durante sete ou oito meses e logo ao pelalos aparecen esponxas naturais", explicou Gerardo. As esponxas pódense utilizar como exfoliante da pel ou mesmamente como esponxa para a hixiene persoal.
A diferenza entre as hortalizas españolas e asiáticas céntrase principalmente no sabor. "A verdura asiática non é tan doce como a española, é máis ben amarga", afirmou.