Homenaxe o día 7 en Encontros en El Progreso a Ángel López Pérez

O profesor Xullo Reboredo disertará o martes sobre a figura do exalcalde ao cumprirse 150 anos do seu nacemento
undefined
photo_camera Julio Reboredo Pazos. XESÚS PONTE

Encontros en El Progreso, que abriu en febreiro a nova tempada cunha concorrida conferencia do economista e exministro Miguel Sebastián, celebrará o martes, día 7, ás 19.30 horas, unha nova sesión divulgativa no Vello Cárcere. Estará centrada nesta ocasión nunha figura histórica de gran relevancia e significación para a cidade de Lugo, como é o alcalde Ángel López Pérez.

Coincidindo co día no que se cumpren 150 anos do nacemento de tan destacado avogado e político lucense, o profesor, historiador e autor do libro López Pérez. La Mosca Blanca, Julio Reboredo Pazos, disertará sobre a traxectoria deste "inesquecible" e "irrepetible" personaxe.

A charla coloquio será presentada e moderada polo xornalista Xoán C. Vidal, xefe da sección de Local de El Progreso.

Reboredo Pazos profundará no perfil humano e político de Ángel López Pérez (Lugo, 7 de marzo de 1873-30 de marzo de 1964) á vez que tratará de achegar aos asistentes á súa conferencia ao Lugo do primeiro terzo do século XX, no que este lucense excepcional deixou unha profunda pegada.

O acto, con entrada libre e gratuíta ata completar aforamento, enmárcase dentro da programación do 115 aniverario deste diario e está patrocinado por Norvento Enerxía, Caixa Rural Galega e Opticalia Callao.

Comentarios