Identificado en Lugo un home que queimou colectores en tres rúas

O home foi localizado grazas á colaboración cidadá
Contenedor dañado por el fuego en la calle Tino Grandío. SEBAS SENANDE
photo_camera Colector danado polo lume en Otero Pedrayo. SEBAS SENANDE

A Policía Local detivo este mércores a un presunto pirómano en Lugo que lle prendeu lume a tres colectores de lixo nas rúas Luís Seoane, Tino Grandío e Otero Pedrayo.

A detención deste lucense, de 41 anos de idade, foi posible colaboración cidadá. Unha veciña da Rúa Otero Pedrayo viu pouco antes das catro da madrugada como este individuo lle prendía lume a un colector e púxose en contacto coa Policía Local. 

Os axentes localizaron o home grazas á descrición que ofreceu a muller, que foi capaz de precisar que tipo de roupa levaba. O sospeitoso camiñaba pola Avenida da Coruña no momento da súa detención e foi posteriormente recoñecido pola testemuña "sen ningún xénero de dúbida como a persoa que lle plantou lume ao colector".

Ao ser cacheado polos axentes interviñéronselle dous chisqueiros e, segundo precisou a Policía Local nun comunicado, é sospeitoso de queimar outros colectores en diferentes rúas da cidade, dado que foi visto nas inmediacións "no momento no que estes ardían".

O sospeitoso quedou a disposición do Xulgado de Garda

Comentarios