Miércoles. 19.09.2018 |
El tiempo
Miércoles. 19.09.2018
El tiempo

Herbas acuáticas do Rato proliferan polo escaso caudal e falta de sombra

Vexetación nun tramo de canle do río Intre. AIDA SOENGAS
Vexetación nun tramo de canle do río Intre. AIDA SOENGAS

O director do Ibader alerta sobre a mala xestión da contorna do río, ao que se debería devolver a vexetación da ribeira

LUGO. As herbas enchen a canle do Rato e a escaseza de auga permite que sexa só iso o que se ve: unha conca baleira, chea de verde. En realidade, ese fenómeno sobre o que usuarios do paseo chamaron a atención, pedindo que se limpe canto antes, é un fenómeno natural, que seguirá repetíndose cada verán sen non se toman medidas. A proliferación dese tipo de vexetación atribúese precisamente ao escaso caudal e á desaparición do bosque de ribeira, co que a canle recibe máis sol.

Pablo Ramil, director do Instituto de Biodiversidade Agraria e Desenvolvemento Local (Ibader), explica que non hai que retirar as plantas. Cortalas non acabaría con elas, máis ben ao contrario. Se o que se pretende é reducir a súa presenza habería que devolver a canle á súa discorrer natural e recuperar a vexetación de ribeira. Desta forma aumentaría o caudal, que é o xeito de que as plantas non proliferen.

Esas claves son, en realidade, as que contribuirían a un bo manexo da contorna do Intre, segundo Ramil, para quen, na actualidade, «deixa moitísimo que desexar». Aínda que, considera positivo que Lugo conte cun paseo como ese, próximo e con demanda, que servirá como elemento integrador ante un futuro crecemento da cidade, tamén estima necesario cambiar a súa xestión. Unha das cousas a cambiar é a política de rozas.

«En Europa hai varias tradicións de xardíns: o francés, o inglés e o galego, que é o que encarna un señor cunha rozadora que o roza todo», ironiza. Entrar a rozar dentro do caudal, algo que ocorre ao miúdo, acaba coa vexetación de ribeira, protectora do propio caudal e favorece a instalación de especies invasoras, explica o especialista.

Herbas acuáticas do Rato proliferan polo escaso caudal e falta de...
Comentarios