domingo. 19.01.2020 |
El tiempo
domingo. 19.01.2020
El tiempo

"Gustaríame chegar a acordos co PP e co PSOE, pero hai que ver cales son as súas propostas"

Olga Louzao. PEPE FERRÍN
Olga Louzao. PEPE FERRÍN

A candidatura Cs opta por segunda vez á alcaldía de Lugo, esta vez con máis táboas e con proposta no ámbito da austeridade e da transparencia –que non ve populistas, senón necesarias– coas que retou aos rivais, nalgúns casos con éxtio

Anunciou que, se é alcaldesa, baixarase un 25% o soldo. Cre que a dedicación, a responsabilidade e a renuncia que supón o posto non merece a retribución actual?

O de Lara Méndez é o terceiro soldo máis alto dos alcaldes de Galicia. Lugo ten moitos problemas de precariedade e de oportunidades laborais e os políticos temos que ser o reflexo da sociedade. Non teño ningunha dúbida de que rebaixando o soldo nun 25% poderei levar a cabo todas as responsabilidades como cargo público.

Se non é alcaldesa tamén o baixará? Cal é a proposta sobre o total do gasto político e de asesores?

En 2015 xa propoñíamos baixar a asignación aos grupos e o gasto de persoal de confianza, pero houbo un acordo do PP e do PSOE e mantivéronnos á marxe aos demais.

"Publicar a renda agora non ten nada que ver con quen hai que votar; é un xesto de transparencia e de compromiso político"

Acaba de publicar a súa declaración de bens e de ‘obrigar’ a facelo ao resto de candidatos. Que diferencia hai entre publicala agora ou unha vez se constitúa a corporación, como obriga a lei? A quen teñen que votar os cidadáns, a quen ten máis ou a quen menos ten?

Non ten nada que ver co que cada un ten. Non poño en dúbida os bens e o patrimonio do resto de candidatos e de concelleiros, pero creo que é un xesto importante. Non quero que exista ningunha dúbida de que a rebaixa que anunciei hai unhas semanas era un compromiso e non un xesto político e por iso o firmei ante notario. Se avogamos por unha clase política transparente, temos que facer este tipo de actos. Cs ten moi claro para que entra en política, que vimos facer e como entramos e como queremos saír.

Iso lévame a preguntarlle por como procederá, se chega a ter algunha responsabilidade de goberno, co seu irmán, que agora ocupa un posto de confianza e de alta responsabilidade no Concello.

Ten un posto por unha oposición que aprobou hai moitos anos, cando eu non tiña nada que ver coa política. O seu nomeamento foi unha decisión do goberno actual.

Cando haxa outro goberno haberá outras decisións que tomar. Cales serán esas decisións?

Está claro que socialmente non se vería ben que se mantivera no mesmo posto porque consideraríase nepotismo. Pero creo que ningún dos grupos que hoxe forma parte da corporación pon en dúbida o seu compromiso e o traballo que fixo estes catro anos. Anunciou como outra primeira medida unha auditoría interna do Concello.

Cs non ten suficiente información da administración?

Os grupos tivemos serios problemas en moitas ocasións para acceder dunha forma áxil e clara á información que solicitabamos. Moita non se respostou, moitos consideraprazos alongábanse non sabemos por que... Os técnicos e os xefes de servizo deben poñer en coñecemento do novo goberno cal é a situación da que partimos.

Xa dixo que a Vox nin auga, pero aceptaría un acordo á andaluza?

Olga Louzao non ten nada en común con esta forza, que mira ao pasado. En Andalucía, Cs sentouse a falar co PP e o PP fixo o que fixo. É que eu non podo impedir a ningún partido que apoie ou se absteña nunha investidura.

Pode evitar facelo cómplice se apoia a outro partido.

É que estamos falando de situacións que non sabemos como van ser. Olga Louzao non se vai sentar nunca con esa forza política e cada un pode entendelo como queira.

En 2015, Cs votouse a si mesmo porque non había ningún outro candidato que lle convencera. É notoria a súa falta de afinidade con Lara Méndez. Podería chegar a facela alcaldesa ou é inviable?

Moito terían que cambiar a visión e os plantexamentos do equipo de Lara Méndez. Foron catro anos moi complicados, moi duros, de moita parálise. E levaría moito tempo recuperar a confianza que ela rompeu ao pouco tempo de chegar. Gustaríame poder chegar a acordos co PP e co PSOE, pero está claro que Cs ten unhas propostas claras do que quere conseguir e teremos que ver cales son as deles. A partir de aí, nada é imposible e todo é posible.

"Gustaríame chegar a acordos co PP e co PSOE, pero hai que ver...
Comentarios