O goberno local destina máis de 200.000 euros á protección dos animais

Os colectivos beneficiados polas subvencións fan un traballo "moi valioso", apuntou Miguel Fernández
Instalaciones de la Protectora de Animales de Lugo. AEP
photo_camera Instalaciones de la Protectora de Animales. AEP

A Protectora de Animais recibirá unha subvención 200.000 euros do Concello de Lugo, que tamén achegará 15.000 euros para apoiar a actividade da asociación Michos, dedicada ao coidado de gatos rueiros.

O goberno sinalou que esas axudas permiten revalidar o compromiso do equipo que dirixe Lara Méndez coa protección dos animais abandonados.

As axudas dan continuidade ao apoio que regularmente presta o Concello a esas entidades e o responsable de Medio Ambiente, Miguel, apuntou que eses fondos permiten axudar ás entidades que traballan no coidado dos animais abandonados, polo que tamén serven para velar para o control sanitario. Ese aspecto é especialmente importante no que respecta ás colonias felinas que hai en distintos puntos da cidade, indicou.

Os colectivos beneficiados polas subvencións fan un traballo "moi valioso", dixo o edil, que sinalou que as subvencións municipais contribúen a aspectos tan importantes como a manutención e o benestar dos animais e facilitan outras tarefas como a sensibilización respecto dos seus dereitos e a protección do medio ambiente.

As achegas municipais súmanse ás contribucións dos propios socios e aos apoios que prestan tamén empresas e entidades.

Estas, por exemplo, foron claves na Protectora de Animais de Lugo para pór en marcha un plan de instalación de camas calefactables nos caniles da Protectora. Hai xa 27 caniles que contan co sistema que permite paliar as baixas temperaturas invernais nas instalacións do floco das Gándaras.

O proxecto arrincou cunha campaña organizada pola asociación Almanimal, con apoio do CD Lugo, que logo creceu co apoio de strong <>Cafés Candeas, Leite Río e Torneiro. Así, do plan inicial de adquirir sete camas calefactables acabouse logrando chegar ás 27 xa instaladas.

Ese tipo de iniciativas contribúen a dar estabilidade á Protectora, que nestes momentos ten unha situación económica bastante saneada, a pesar do desafío que supón a custodia de varios centos de animais. De feito, as contas apuntan en que neste momento hai un saldo positivo de case 20.000 euros.

Comentarios