O goberno local cre que debe contestar a Xunta á súa proposta sobre o museo da romanización

Recalca que Balseiro pode falar en nome do PP, pero non do Goberno galego
Cuartel de San Fernando. ARCHIVO
photo_camera Cuartel de San Fernando. ARQUIVO

A decisión sobre o financiamento do museo da romanización débea tomar a Xunta, sentenciou o goberno local. Nesa liña, recordou que José Manuel Balseiro cesou xa como delegado do Goberno galego e, xa que logo, só pode falar como candidato do PP.

Así, despois de que a alcaldesa dixese que o museo se fará si ou si de que Balseiro descartase o apoio os populares, o equipo de Lara Méndez dixo que será o goberno da Xunta o que decida se apoia o financiamento ou se participa na xestión do museo, recalcou o goberno.

O goberno local recalca que se trata de facer o museo da romanización de Galicia, un centro de difusión e
investigación que sería o eixo de promoción do patrimonio, en rede con outros centros expositivos.

Comentarios