O Goberno galego facilita material protector a 115 residencias e centros asistenciais de Lugo

A repartición iniciouse o venres e está xa dándose por finalizado
El delegado de la Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera José Manuel Balseiro. VITORIA RODRÍGUEZ

A Xunta distribúe material de protección e desinfección entre 115 residencias e centros asistenciais da provincia de Lugo para reforzar os medios para a prevención de contagios e loita contra o coronavirus.

O delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, explicou que a repartición se activou dado que moitas entidades teñen problemas de subministración e é vital a protección do persoal que presta un servizo esencial de atención e coidado a colectivos que son especialmente vulnerables, en particular maiores e persoas con capacidades especiais.

O material envíase a través da nova plataforma loxística posta en marcha pola Xunta para facer chegar directamente os equipos aos centros. A repartición iniciouse o e está xa dándose por finalizado.

O material distribuído inclúe 70.200 máscaras cirúrxicas, 1.300 máscaras FFP2, 43.000 luvas, 868 xeles desinfectantes, 1.113 batas, outros tantos mandiles, 375 pantallas oculares, 3.300 gorros e 1.10 calzas.

Da repartición benefícianse todas as residencias públicas e privadas da provincia, incluídas as de titularidade municipal ou da Deputación Provincial.

A Xunta avanzou que está previsto incluír en futuras reparticións á residencia asilo de Ribadeo, que está a formalizar o seu rexistro, xa que ata agora o material enviouse a centros rexistrados.

O material distribuído servirá, segundo Balseiro, para cubrir as necesidades dos próximos días e a Xunta prevé continuar mandando novas remesas de equipos.

Comentarios