jueves. 02.04.2020 |
El tiempo
jueves. 02.04.2020
El tiempo

O Concello de Lugo di que o gandeiro que espera pola licenza en Adai solicitouna mal

Explotación de Santa María de Adai que espera por licenza municipal. EP
Explotación de Santa María de Adai que espera por licenza municipal. EP

O goberno local de Lugo replicou este mércores á denuncia do PP e dun gandeiro de Adai polo atraso na concesión de licenzas parte do Concello e asegurou que o veciño presentou unha solicitude para a construción dun alpendre-almacén en xaneiro de 2017, pero a documentación que presentou facía referencia só a unha fosa de xurro, di, polo que a solicitude non foi tomada en consideración.

O goberno alega que, nese tempo, o veciño non volveu interesarse pola licenza, aínda que el di que acudiu o ano pasado a preguntar.

O equipo de goberno asegura que é moi habitual que as solicitudes de licenzas cheguen con fallos na documentación ou carencia desta, que haxa que reclamala e que os promotores tarden en completala. Recoñeceu, no entanto, que a falta de persoal tamén pode influír nos prazos de concesión de permisos e asegurou que está a tratar de corrixir esa situación.

O Concello de Lugo di que o gandeiro que espera pola licenza en...
Comentarios