Glovo anuncia que comeza a ofrecer o seu servizo en Lugo con tres restaurantes

Un repartidor de Glovo. EFE
photo_camera Un repartidor de Glovo. EFE

Glovo, a app que permite recibir e enviar ao momento calquera produto dentro dunha mesma cidade, informou este mércores de que comezou a ofrecer os seus servizos na cidade de Lugo. Segundo a plataforma, os restaurantes cos que opera na cidade son Bodega Los Infantes, La Capital Azteca e a pizzería Dolce Vita.

Glovo tamén ten acordos con McDonalds, Burger King, Telepizza e, segundo indicou a propia compañía, en Lugo tamén servirá a compra online dos supermercados Dia.

Comentarios