lunes. 25.05.2020 |
El tiempo
lunes. 25.05.2020
El tiempo

Unha gasolineira de Lugo ofrece comida e duchas gratis a transportistas

Javier López cede gratuitamente oito pisos de uso turístico situados no centro histórico

Unha estación de servizo de Lugo, Pontebranca, ofrecerá comida e bebida gratis aos transportistas, que tamén poderán ducharse nos aseos das súas instalacións. A oferta é unha forma de solidarizarse cun colectivo que ten que continuar na estrada a pesar das restricións impostas polo estado de alarma e que agora non atopa onde comer nin onde asearse.

A estación de servizo, situada en Cima de Vila, Piugos, non ten capacidade para facer comida, pero ofrecerá un bocadillo, bebida e instalacións sanitarias aos camioneiros.

ALOXAMENTO GRATUíTO. En tanto, Javier López, propietario de Sleeping Lugo e Viviendas Turísticas Javier, cede gratuitamente oito pisos de uso turístico situados no centro histórico de Lugo para persoal sanitario e para persoal dos diferentes corpos policiais que puidesen necesitar esas vivendas para non ter que volver aos seus domicilios e non expor ás súas familias.

Unha gasolineira de Lugo ofrece comida e duchas gratis a...
comentarios