A Xunta anuncia que as obras da nova residencia de Lugo empezarán en 2020

O orzamento para o edificio, que ocupará o lugar deixado polo vello Xeral, será duns doce millóns de euros que achegará a Fundación Amancio Ortega
photo_camera Imaxe do anteproxecto da residencia. EP

A conselleira de Política Social, Fabiola García, anunciou que as obras da nova residencia da terceira idade de Lugo, que irá emprazada no barrio da Residencia –nos terreos que antes ocupaba o vello Hospital–Xeral , poderían estar en marcha no primeiro semestre de 2020.

As obras da nova residencia de Lugo contan cun orzamento duns doce millóns de euros e serán financiadas pola Fundación Amancio Ortega.

Fabiola García precisou que o compromiso da Consellería de Política Social pasa por comezar as obras da nova residencia "canto antes" e, de feito, "xa está a redactar o proxecto básico e de execución".

"O noso compromiso é contar canto antes con ese proxecto básico, para solicitar a licenza municipal e que se empece a levantar esa residencia no primeiro semestre" do próximo ano.

Nese sentido, subliñou que é "moi importante" que o Concello de Lugo déalle "axilidade ao proceso para conceder a licenza municipal", necesaria para o inicio das obras.

Cando estea a funcionar, a nova residencia de Lugo terá capacidade para atender a 120 persoas e creará 115 postos de traballo directos.

Comentarios