
O presidente da asociación Agromuralla, José Luís Pérez Barreiro, fixo unha valoración moi "positiva" da manifestación de gandeiros que tivo lugar este xoves en Lugopola resposta masiva que tivo esta protesta e polo apoio recibido por parte de sectores e profesionais cuxa actividade depende tamén do sector primario, pero recoñeceu que haberá que “seguir presionando” para que suba o prezo do leite.
"A valoración é moi positiva, pola resposta dos gandeiros á convocatoria, pero tamén polo feito de que se sumaron á mesma veterinarios, casas comerciais" e outros sectores ligados á produción de leite, ademais de viandantes "que estaban en Lugo e que, ao vernos pasar, interesáronse pola problemática".
Pérez Barreiro afirmou que a manifestación deste xoves foi "un primeiro paso", pero recoñeceu que haberá que "seguir presionando" para conseguir que o prezo do leite suba o suficiente para cubrir os custos de produción e deixar certo beneficio nas granxas, de cuxa viabilidade dependen miles de familias no medio rural.
Esa primeira medida de presión "" foi enfocada "nas administracións", porque son as que teñen a obrigación de strong "<>facer que se cumpra a lei" da Cadea Alimentaria, que prohibe a compra de leite por baixo do que custa producila.
En todo caso, se non hai resposta, habería que trasladar esa presión "" a industria "e distribución", que son "as que pagan" o leite que se compra nas granxas.