viernes. 28.02.2020 |
El tiempo
viernes. 28.02.2020
El tiempo

A costa de Lugo e parte do interior vive o luns en alerta por fortes ventos

Ondas na Mariña no pasado novembro. ARQUIVO
Ondas na Mariña no pasado novembro. ARQUIVO
O aviso é de nivel amarelo na provincia e laranxa no litoral da Coruña

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou para este luns unha alerta laranxa —por risco importante— na costa da Coruña por ondas de ata 5 metros e ventos que poderán alcanzar os 80 quilómetros por hora. Tamén estableceu un aviso, este de nivel amarelo, para a costa de Lugo e Pontevedra e parte do interior das dúas provincias polos fortes refachos.

Nunhas xornadas marcadas polo impacto da borrasca Gloria na Península, que este domingo se fixo notar bastante menos en Galicia que no resto de España, o aviso laranxa para a costa da Coruña actívase ao redor das dez da mañá e prolóngase o martes. No interior da provincia a alerta é amarela. 

É do mesmo nivel a do litoral de Lugo, A Mariña e o centro da provincia. Nesa zona estará activa entre as doce do mediodía e as seis da tarde ante a previsión de que os refachos de vento poden alcanzar os 80 quilómetros por hora. No caso da Mariña, onde o aviso se mantén ata a noite, pódense alcanzar os 90. No mar, mentres, espéranse ondas de entre 4 e 5 metros.

En Pontevedra, mentres, a alerta débese a intervalos de vento de forza sete no mar e refachos de ata 70 quilómetros por hora no interior. Desactivarase a media tarde.

Así as cousas, o 112 recomenda aos cidadáns que se afasten de praias, paseos marítimos e diques, que eviten navegar e practicar deportes acuáticos e que non se deteñan a sacar fotografías. Ademais, aos propietarios de embarcacións suxírelles que as aseguren correctamente.

A costa de Lugo e parte do interior vive o luns en alerta por...
Comentarios