Galería imperial para vixiar o Arde Lucus

A Xunta inaugurou unha mostra de retratos de emperadores e emperatrices de Roma e fará visitas guiadas
Inauguración de la muestra sobre emperadores y emperatrices de Roma en la Xunta.
photo_camera Inauguración da mostra sobre emperadores e emperatrices de Roma na Xunta. SEBAS SENANDE

O Arde Lucus segue tomando forma e a axenda lúdica e festiva vaise reforzando cunha programación cultural que inclúe unha exposición de retratos de emperadores e emperatrices de Roma ata a crise do século III.

A delegación da Xunta acolle a mostra Miradas do Imperio, inaugurada este martes e que é obra de Alfredo Eiras, prolífico debuxante arqueolóxico e discípulo do arqueólogo Luis Monteagudo, magnífico debuxante arqueolóxico, da escola alemá.

A exposición recolle máis de corenta cadros que representan ás figuras máis representativas do Imperio, personalidades craves na historia de Roma e do mundo que aínda seguen formando parte en gran medida do imaxinario colectivo.

O delegado da Xunta, Javier Arias, e o autor inauguraron este martes a mostra e Alfredo Eiras, coincidindo co Arde Lucus, ofrecerá este venres visitas guiadas á exposición.

A eses percorridos guiados invitouse a colexios da provincia, o que permitirá aos escolares recibir explicacións e coñecer anécdotas de grandes personaxes históricos e do legado que deixaron para a cidade de Lugo.

Alfredo Eiras, que é historiador e pintor e é coñecido tamén polos seus debuxos sobre arte e historia medieval galegas, tamén inclúe na mostra aberta na Xunta pinturas dos ronseis de Crecente e Adai, replicando os monumentos funerarios de granito que se conservan no Museo

COHORS EN SAN MARCOS. Todas as institucións implícanse neste Arde Lucus de Vulta á normalidade e o presidente da Deputación, José Tomé, asinou este martes  un convenio coa Cohors III Lucensium para a construción dun campamento.

En concreto, a institución provincial achegará 10.000 euros para financiar a construción de catro torres defensivas para as recreacións históricas nas que participe o colectivo e que, no Arde Lucus, situaranse en San Marcos, ante a sede da Deputación Provincial.

Non haberá nada semellante nas festas de recreación histórica a esas torres da Cohors, bautizadas como Proxecto Eurocamp, sinalou Tomei, que afirmou que a Deputación reforza así o seu compromiso de apoio a iniciativas en favor da cultura e tamén da economía de Lugo.

Recordou que o convenio asinado este martes súmase ao subscrito co Concello para achegar 28.000 euros para o circo do Arde Lucus.

Comentarios