PREMIOS LUCENSES DO AÑO

Unha gala que puxo o acento na familia

Os Lucenses do Ano quixeron destacar nos seus discursos públicos o vital papel que desempeñaron os seus para que chegasen onde están

Olga novo y su hija Lúa. SEBAS SENANDE
photo_camera Olga Novo e a súa filla Lúa. SEBAS SENANDE

A que reuniu este venres tanto talento lucense e compromiso coa súa terra para entregar os premios Lucenses do Ano foi unha gala familiar. Familiar pola complicidade entre os asistentes, pero sobre todo porque os premiados reivindicaron o papel que xogaron os seus seres queridos para que chegasen a onde están, e algúns deles acompañáronos nesta cita. 

Os irmáns Coira, Pepe e Jorge —que estivo acompañado da súa esposa, a guionista Araceli Gonda—, recordaron que a "confianza" que lles deron os seus proxenitores, el médico e ela farmacéutica, foi clave para poder dar os seus primeiros pasos no mundo do cine. 

Pepe Coira recordou o impactado que quedou a primeira vez que viu tan de preto unha cámara. Foi, aos seis ou sete anos, cando o equipo dun programa de Televisión Española, Ayer, hoy y mañana de..., rodaba na súa de Rábade. Por certo, aproveitou para lanzar o anzol a ver se alguén pode conseguirle unha copia daquela gravación. 

Blanca de Cora García-Montenegro, con la familia Villapol. SEBAS SENANDEDous orgullosos pais, Ricardo Anido e Fernando Villapol, recolleron o premio dos seus laureados fillos, o artista urbano DiegoAS e a neurocientífica Sonia Villapol, respectivamente, que por motivos laborais estaban lonxe da súa patria chica. O músico Abraham Cupeiro, como ofrecía un concerto a esa hora, tamén tivo que delegar, no seu caso na súa esposa, María Ruiz

Carmen Lence atribuíu o seu premio ao legado do seu pai, Jesús Lence, cuxo falecemento obrigouna a asumir as rendas do principal grupo lácteo de capital galego, así como a súa familia e cadro de persoal. 

Olga Novo fixo unha sentida homenaxe durante a súa intervención a Darío Xohán Cabana, falecido esta semana

O fundador de Pescados Rubén, Rubén Blanco, tivo presente na súa intervención á súa esposa e os seus tres fillos, que continúan a súa estela á fronte deste grupo mariñán. 

O guía e activista turístico Guido Álvarez, que antes, en redes sociais, e durante a gala recoñeceu o "nervioso" que estaba por recibir este recoñecemento, aludiu a seus pais e estivo acompañado da súa nai. Tamén se rodeou de tres amigos da infancia, cos que estudou no colexio Anexa, que está a poucos metros de onde recolleu o premio, o Eurostars Gran Hotel. 

Olga Novo, que acudiu acompañada pola benxamina da noite, a súa fija Lúa, de 9 anos, tirou de árbore xenealógica para render homenaxe aos seus pais, avós, bisavós e tataravós "labregos". A poeta e ensaísta da Pobra do Brollón tivo un sentido recordo para Darío Xohán Cabana, falecido esta semana. 

Os premiados tamén presumiron de berce. Sonia Villapol, desde Houston (Estados Unidos), recordou que é de Bretoña; Abraham Cupeiro, de Sarria, ou Rubén Blanco, de Cangas de Foz.

Comentarios