miércoles. 23.06.2021 |
El tiempo
miércoles. 23.06.2021
El tiempo

Gabriel Rufián, portavoz de ERC no Congreso, presenta este sábado en Lugo un libro

El portavoz de ERC Gabriel Rufián. JAVIER LIZÓN (EFE)
Gabriel Rufián. JAVIER LIZÓN (EFE)
O acto comezará ás 11.00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti

O portavoz do grupo de Esquerra Republicana de Catalunya (ERC) no Congreso dos Deputados, Gabriel Rufián, visita este sábado a cidade invitado polo Ateneo Galeguista de Lugo para presentar o seu libro O 15-M facha.

O acto comezará ás 11.00 horas no salón de actos do IES Lucus Augusti e debido ás normas anticovid limitouse a 104 persoas o aforamento, que xa está completo. Aínda así, os interesados poderán seguir a presentación en directo a través da páxina do Ateneo Galeguista en Facebook

O político catalán será presentado pola xornalista Marta Veiga Izaguirre e, ademais, tamén está previsto que interveñan no acto Xoán Xesús Rozas, vicepresidente do Ateneo Galeguista de Lugo, e Silvio Falcón Rodríguez, xornalista e politólogo.

O libro que se presenta poderá ser adquirido durante o transcurso do acto nunha mesa que se instalará no instituto.

Gabriel Rufián, portavoz de ERC no Congreso, presenta este sábado...
comentarios