Furta globos, confeti e serpentinas e báixanlle a pena por estar deprimida

A acusada xa foi condenada noutras seis ocasións por delitos leves de furto

Imagen de globos, serpentinas y confetis. INTERNET
photo_camera Imaxe de globos, serpentinas e confetis. INTERNET

Unha lucense de 51 anos foi condenada por furtar nunha tenda diversos artigos para festas infantís, valorados en 38 euros. O xulgado de Instrución número 2 de Lugo conclúe que cometeu a subtracción, pero lle aplica unha atenuante porque a muller padece "unha síndrome ansiosa depresiva" desde que faleceu o seu marido.

A acusada entrou nun establecemento da Rolda da Muralla o 28 de abril de 2017 e apoderouse de varios paquetes de globos, dúas caixas de confeti, serpentinas e tenedores de plástico.

A acusada saíu do comercio cos artigos, pero as empregadas recrimináronlle a súa actuación e a muller devolveu parte da mercancía. Acto seguido, as traballadoras chamaron á Policía Nacional e os axentes localizaron á muller nunha frutería próxima co resto dos artigos furtados.

ANTECEDENTES. Segundo quedou recollido na sentenza, a acusada xa foi condenada noutras seis ocasións por delitos leves de furto e impuxéronlle multas e condenas de ata seis meses de prisión. Nesta ocasión, o xuíz condenouna a pagar unha multa de 270 euros, pero o letrado da defensa recorreu a sentenza e a Audiencia Provincial rebaixoulle a sanción a 180 euros.

O tribunal, ademais de recoñecer que padece un trastorno ansioso depresivo, fai referencia á complicada situación "social e económica" que atravesa desde hai tempo a muller.

Comentarios