Os funcionarios de prisións protestan en Lugo para esixir máis seguridade

Gardas de Monterroso, Bonxe e Teixeiro concentráronse para protestar contra as agresións que sofren dentro dos cárceres

Protesta de los trabajadores de la cárcel de Bonxe. EP
photo_camera Protesta anterior dos traballadores do cárcere de Bonxe. ARQUIVO

Funcionarios dos centros penais de Monterroso, Bonxe e Teixeiro, integrados na plataforma "asindical" O teu abandono pódeme matar, concentráronse este mércores pola mañá ante a sede da Subdelegación do Goberno en Lugo para protestar polas "agresións" que están a sufrir dentro dos cárceres sen que por parte do Executivo se tomen medidas para evitar esa situación de inseguridade.

O portavoz deste colectivo en Lugo, Marcial González, explicou que dentro dos centros penais está a producirse "unha chea de agresións" aos funcionarios, pero son casos que normalmente teñen "pouca repercusión". González recordou que nas prisións galegas "pasan de trinta as agresións graves" sufridas polos funcionarios no que levamos de 2018.

En Monterroso hai uns 210 presos, 250 en Bonxe e ao redor de 1.200 en Teixeiro, cando a nómina de funcionarios non supera os 1.000

"En Teixero, eu mesmo fun lesionado en dous delas. En novembro, un interno deulle unha puñada a un compañeiro, intentamos agarralo, pero se revolveu, agarrou polo pescozo ao compañeiro e tíñao fixado. Para vencer esa resistencia, nin aplicando forza fun capaz. Dobramos unhas esposas coa presión que facía o interno", dixo Marcial González.

González recordou que "en xuño uns compañeiros enfrontáronse cun interno que empezou a darlles cabezazos e patadas" e el mesmo recibiu outro golpe cando tiveron que empregarse a fondo para reducilo. "Como eu, outra moita xente. O outro día a un compañeiro rompéronlle o pómulo cunha agresión e levou para casa, de recordo, tres placas e dez parafusos. Outro sufriu unha conmoción cerebral", dixo o portavoz da plataforma, que traballa no centro penal de Teixeiro.

Á subdelegada transmitirémoslle a nosa indignación e descontento pola recente intervención de Ángel Luis Ortiz

Recoñeceu que os funcionarios non senten seguros, porque traballan día a día no medio dos presos e "sen protección", porque non poden facer o seu labor "acoirazados", dado que se exteriorizaría "unha imaxe moi agresiva". En todo caso, recordou que hai medios materiais que poderían contribuír a minimizar "esta situación".

Por outra banda, tamén recordou que "hai 3.400 funcionarios menos en España", de modo que "con 3.400 funcionarios máis non estariamos a traballar unha persoa soa por módulo, ou como moito dous", porque esa é unha situación que condiciona moito a seguridade, especialmente á hora de facer fronte a altercados. "Se un preso acomete a outro, podemos liquidar mellor a situación, con máis garantías, tanto para os internos como para nós mesmos", se hai máis persoal nos módulos, precisou.

Reclaman unha revisión do protocolo de previsión de agresións, acordado cos traballadores

En canto á falta de persoal, outros membros da plataforma recordaron que en Monterroso hai uns 210 presos, 250 en Bonxe e ao redor de 1.200 en Teixeiro, cando a nómina de funcionarios non supera os 1.000 e moitos deles non están destinados a labores de vixilancia, dado que desenvolven a súa función en oficinas.

Por iso, recoñeceu que aos funcionarios de prisións integrados nesta plataforma sentoulles "moi mal" a intervención do secretario xeral, Ángel Luís Ortiz, en sede parlamentaria, porque aínda coñecendo "as condicións laborais nas que estamos a traballar, en lugar de apoiar aos traballadores públicos, lanzou acusacións que contribúen a desprestixiar" o seu labor.

Solicitan tamén atención psiquiátrica permanente nos centros penais para realizar un seguimento dos internos

"Á subdelegada transmitirémoslle a nosa indignación e descontento pola recente intervención ante a comisión de Interior do Congreso dos Deputados do noso secretario xeral, Ángel Luis Ortiz, que vertió afirmacións buscando máis o desprestixio dos seus funcionarios que a defensa da institución", precisou Marcial González.

Entre outras demandas, os funcionarios integrados na plataforma reclaman unha revisión do protocolo de previsión de agresións, acordado cos traballadores, así como atención psiquiátrica permanente nos centros penais para realizar un seguimento das patoloxías dos internos.

Tamén máis persoal, para garantir a repartición de medicación diario a este tipo de internos, así como "formación para os propios funcionarios para que aprendan a manexar as situacións violentas que estes xeran". Marcial González recordou que esta plataforma tamén naceu co obxectivo de incentivar aos sindicatos a desenvolver a súa función e a cumprir coa súa obrigación de defender os traballadores. 

Comentarios