Necrolóxicas

Francisco Cacharro Pardo

Francisco Cacharro Pardo, ex presidente de la Diputación de Lugo. AEP
photo_camera Francisco Cacharro Pardo, ex presidente da Deputación de Lugo. AEP

O día oito de marzo fará seis anos que Francisco Cacharro Pardo faleceu.

A Paco Cacharro e a min uníannos varias cousas e unha é que os dous eramos fillos de republicanos; o naceu en Guarromán (Xaén) e eu en París (Francia).

Paco foi inspector de Ensino Primario en Lugo desde 1973- 1981. Senador desde 1979 a 2009, primeiro por AP e despois por PP. Foi o primeiro conselleiro de Educación da Xunta, desde 1982 a 1983. Tamén foi presidente da Deputación de Lugo desde 1983 ata 2007.

Era unha persoa que sempre tiña unha palabra amable para a xente; falaba con todo o mundo e o seu despacho estaba sempre aberto a toda clase de persoas.

No seu mandato de 24 anos á fronte da Deputación fixo moitas cousas pola provincia, pero da que máis orgulloso estaba era do campus universitario, pondo varias facultades. De entre todas elas, a que máis orgullo lle producía era a de Veterinaria, a cal está considerada entre as mellores de España.

Comentábame que Lugo era unha cidade de servizos e con este campus dicía que os alumnos virían estudar a Lugo e que os de Lugo dispuñan de varias facultades para realizar os seus estudos sen ter que marcharse fóra a estudar. Engadía que Lugo era unha cidade de servizos e ao desaparecer os cuarteis de militares pois se notaban na economía da cidade.

O Partido Popular, ao día seguinte do seu falecemento, solicitou ao señor Orozco como alcalde que lle desen a medalla de ouro da cidade, cousa que non lle concedeu.

Eu, ao cumprirse o primeiro aniversario, por este medio pedinlle á señora alcaldesa, xa que estaban co cambio de nomes do rueiro, que se acordasen do nome de Cacharro, pero pasaron os anos e puxéronse nomes a novas rúas, pero o de Francisco Cacharro Pardo non se puxo, e agora volvo pedirlle á señora alcaldesa que se acorde de porlle o nome a unha rúa.

O luns, día oito, ás seis da tarde, celebrarase unha misa pola súa alma na igrexa de San Antonio. 

Comentarios