Foxe da Policía coas luces apagadas e a máis de 200 km/h pola A-6

O condutor, veciño de Guitiriz, foi sorprendido circulando de forma temeraria no Ceao e deuse á fuga pola autovía e estradas comarcais â?? Foi identificado e detido
SALIDA LUGO A-6, POLIGONO DE O CEAO. CORONAVIRUS
photo_camera A saída do Ceao cara á A-6. SEBAS SENANDE

Axentes do Corpo Nacional de Policía (CNP) detiveron a un mozo de vinte anos de idade, sen antecedentes e veciño de Guitiriz, como suposto autor dun delito contra a seguridade do tráfico, dado que intentou fuxir da Policía Nacional a máis de 200 quilómetros por hora e incluso chegou a apagar en plena noite as luces do seu coche na autovía A-6 e en estradas locais.

Os feitos sucederon o pasado 3 xuño, de madrugada, cando unha patrulla da Policía Nacional viu como o condutor dun vehículo –un Seat Ibiza– circulaba de forma temeraria polo polígono do Ceao e realizaba manobras “antirregulamentarias” que puñan “en perigo ao resto de usuarios da vía”.

Aínda que lle deron o alto, o condutor fixo caso omiso e tratou de fuxir pola autovía A-6, á que se incorporou no enlace do Ceao en dirección A Coruña.

Durante a persecución policial, o condutor chegou a alcanzar co seu vehículo velocidades próximas aos 200 quilómetros por hora. Para despistar aos axentes, chegou a apagar as luces do coche, saíu e volveu incorporarse á autovía en polo menos dúas ocasións.

Finalmente, logrou marcharse por unha estrada local, grazas á baixa visibilidade que había na zona por mor da néboa. Con todo, a Policía Nacional abriu unha investigación que permitiu identificar ao condutor, que foi detido o pasado venres. Tras prestar declaración na Comisaría Provincial, quedou en liberdade á espera de xuízo.