Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

A fonte de San Vicente de Lugo mana 300 litros de viño

A festa do Milagre acolleu a homenaxe ao hostaleiro Alberto García, fundador de El Mesón de Alberto

A festa do Milagre de San Vicente na Praza do Campo de Lugo reuniu no mediodía deste domingo por centos de persoas que puideron degustar de forma gratuíta os 300 litros de viño que manaron da centenaria fonte.

A Asociación Lugo Monumental organizou esta celebración que se remonta aos anos sesenta do século pasado e que foi recuperada en 2014.

A alcaldesa Lara Méndez uniuse á decena de organizadores e axudou a repartir entre os asistentes o viño que saía dos tres caños da fonte.

Ademais, foi homenaxeado o hostaleiro Alberto García, fundador de El Mesón de Alberto.

A fonte de San Vicente de Lugo mana 300 litros de viño
Comentarios