Ferreiro desmárcase da decisión de Lara Méndez sobre as barracas: "Será a súa responsabilidade"

A concelleira de cultura evita "entrar ao debate" sobre se a decisión da alcaldesa supón unha "inxerencia" na súa área e se isto pode abrir unha crise do bipartito
Ferreiro, este viernes en el pleno de la Diputación. SEBAS SENANDE
photo_camera Ferreiro, este viernes en el pleno de la Diputación. SEBAS SENANDE

A concelleira de cultura de Lugo, a nacionalista Maite Ferreiro, desmarcouse este martes do anuncio realizado pola alcaldesa de Lugo, a socialista Lara Méndez, de que haberá barracas durante as festas de San Froilán que se celebrarán do 4 ao 12 de outubro e afirmou que será "responsabilidade" da rexedora. 

A través dun comunicado, a Alcaldía anunciou o luns que xa traballa "nos dispositivos para facilitar a instalación das barracas con todas as medidas de seguridade". 

Nesa nota, a alcaldesa subliña que "as barracas son un gran atractivo para que a xente saia ás rúas e consuma nos establecementos e, polo tanto, benefician á hostalería e o comercio".  Unha idea que referendou despois a través dunha mensaxe en Twitter.

Tras esa comunicación, os seus socios nacionalistas no goberno municipal limitáronse a trasladar a "responsabilidade" do que poida ocorrer a Lara Méndez. Así, o BNG escúdase en que os protocolos da Xunta contra o covid impedirían que se instale o recinto feiral. 

Ferreiro manifestou que "non sabe" se finalmente instalaranse ou non as atraccións. "Desde a área de Cultura xa nos pronunciamos e non vou dicir nada novo, en todo caso a Alcaldía anunciou o que anunciou e será responsabilidade dela (a alcaldesa) instalalas ou non instalalas. Eu non teño máis nada que dicir", resolveu.

Sergio Vázquez, membro do comité clínico: "Se se cumpren as normas pódense instalar, pero con este recinto é difícil"

"OUTRO DEBATE". Respecto diso de se isto pode representar unha crise no goberno bipartito da cidade, a concelleira de Cultura, puntualizou que "ese é outro debate". "Nós como grupo municipal temos clara cal é a nosa función que é traballar para mellorar a cidade de Lugo e creo que o estamos logrando", explicou. "Eu creo que é outro debate diferente no cal nós non imos entrar", resolveu. 

Preguntada sobre se isto supón unha "inxerencia" por parte da alcaldesa nunha área xestionada polo BNG, insistiu en que "é unha cuestión da Alcaldía". "E nós imos seguir centrándonos no noso traballo para transformar Lugo e para saír dese Lugo escuro e triste que era e abrilo ao mundo, mellorando a cidade para os veciños", apostilou. 

"Traballamos da mesma forma para facer un San Froilán cuns concertos seguros, variados, cunha música diversa", finalizou. Finalmente apuntou que nos próximos días estará xa completo o programa das festas, no que se confirma a presenza de El Drogas, vocalista de Barricada, e os últimos anunciados son os de Isaac et Nora e Fetén, e María Arnal e Marcel Bagés.

O PP asegura que o BNG "queda sen autoridade"
O grupo municipal do PP considera que a decisión da alcaldesa de Lugo de permitir a instalación de barracas e atraccións de feira, en contra do criterio dos seus socios de Goberno, deixa "ao BNG desacreditado e sen autoridade para dirixir calquera área do Concello, no que parece o principio do fin dun matrimonio de conveniencia".

O portavoz do grupo municipal do PP, Ramón Carballo, opina que a alcaldesa se viu obrigada "a rectificar e a permitir a instalación das barracas pola presión dos lucenses e dos propios populares".

De feito, sostén que, con esta decisión, Lara Méndez dálle a razón ao Partido Popular, que "leva semanas defendendo que todos os protocolos sanitarios permiten a instalación das barracas". O portavoz popular tamén lle recriminou á alcaldesa "a súa falta de valentía", xa que "tardou semanas en reaccionar". Esperamos que non sexa demasiado tarde para canalizar este despropósito", conclúe.

Comentarios