Fernando Blanco pide ao CGPX que "faga o seu traballo" no expediente a De Lara

O exconselleiro, que permaneceu imputado máis de sete anos, insiste en reclamar á Xustiza mecanismos para "correxir actuacións que non son correctas"

Fernando Blanco, en una imagen de archivo. XESÚS PONTE/AEP
photo_camera Fernando Blanco, en Lugo. XESÚS PONTE

O ex conselleiro de Innovación e Industria Fernando Blanco reclama ao Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPX) que "faga o seu traballo e tome a decisión máis xusta", en referencia, aínda que sen citalo, ao expediente aberto á xuíza Pilar de Lara por supostos atrasos indebidos .

Nunha entrevista a RNE no seu circuíto galego, días despois de que a Audiencia de Lugo comunicase o arquivo da causa contra el, Fernando Blanco admitiu que, co paso dos días, a "rabia" que manifestou sentir tras o sobresemento foi substituída pola "satisfacción" e suxire que, na súa opinión, "as actuacións poideron ser rematadas fai seis anos" porque os informes, as probas eran as mesmas".

O exconselleiro, que permaneceu imputado máis de sete anos, insiste en reclamar á Xustiza mecanismos para "correxir actuacións que non son correctas", do mesmo xeito que noutras profesións.

Preguntado directamente sobre o expediente a Pilar de Lara pola demora nas actuacións, Fernando Blanco asegurou non ser moi optimista, recordando que "hai pouco o poder xudicial abríu un expediente en Lugo tamén e a resposta foi a que foi", en alusión ao caso da xuíza do tarot.

Comentarios