Fernández Liñares asegura que é unha vítima de Pilar de Lara e declárase "inocente"

Fernández Liñares asegura que é unha vítima de Pilar de Lara e declárase "absolutamente inocente"

Francisco Fernández Liñares. VICTORIA RODRÍGUEZ
photo_camera Francisco Fernández Liñares. VITORIA RODRÍGUEZ

O principal investigado na macrocausa da Operación Pokémon, o exedil de Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil Francisco Fernández Liñares, asegurou que se ve como unha vítima da xuíza Pilar de Lara.

Preguntado sobre este aspecto replicou que evidentemente si se ve como unha vítima da maxistrada que instrúe esta causa e declarouse "absolutamente inocente".

Pilar de Lara está pendente de que se resolva unha acción disciplinaria aberta polo Consejo General del Poder Judicial (CGPJ) pola suposta comisión dunha falta prevista nos artigos 417.9, 418.11 e 419.3 da Lei Orgánica do Poder Xudicial, que se refire a desatención "ou atrasos inxustificados na instrución de causas penais".

Francisco Fernández Liñares foi detido en 2012 acusado de varios delitos como suborno e tráfico de influencias no arranque desta investigación sobre adxudicacións irregulares a cambio de comisións. En concreto, atribúeselle tecer unha "rede de intereses económicos" para o seu propio proveito.

Pasados seis anos do seu arresto e preguntado sobre a acción disciplinaria aberta a Pilar de Lara o exconcelleiro asegurou que non lle sorprende. "Ao meu modesto entender, e sen querer meterme en grandes investigacións, eu considero desde hai varios anos que isto estaba máis ou menos anunciado, pola forma de instruír e a forma de traballar", indicou antes de incidir en que "era un final que se vía vir".

Con todo, enmarcou esta cuestión nun "caso puntual" fronte ao "traballo rigoroso que fai a Xustiza". "Eu creo que temos un sistema xudicial bo, pero as persoas da xustiza son humanas e poden cometer algún erro", apuntou. Ademais, sinalou que se chegase a celebrar o xuízo podería demostrar "sen grandes complicacións" a súa inocencia fronte ás informacións saídas nos medios de comunicación, dos que defendeu a súa "liberdade de expresión".

Comentarios