Un ferido leve nun accidente entre dous coches na N-540

O accidente rexistrouse na saída da cidade cara a Guntín

Un home resultou ferido leve este domingo pola tarde como consecuencia dun choque entre dous vehículos que se rexistrou na estrada N-540, no municipio de Lugo.

O accidente ocorreu sobre as 19.55 horas cando un vehículo chocou por alcance con outro no quilómetro 3,800 desta vía, na saída da cidade cara a Guntín. Interveu a Garda Civil de Tráfico.