Feridas dúas persoas nun accidente con dous vehículos implicados en Lugo

O sinistro ocorreu na Rúa San Eufrasio

Dúas persoas resultaron feridas este martes nun accidente con dous vehículos implicados na Rúa San Eufrasio, preto da estación de tren. Foron evacuadas de urxencia ao Hula.

Atendendo á información do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, o sinistro produciuse cando pasaban poucos minutos das oito da mañá. Para auxiliar as vítimas, o 112 mobilizou o servizo de urxencias sanitarias do 061, os Bombeiros de Lugo, a Policía Local e Protección Civil.

Os sanitarios atenderon no mesmo lugar do accidente aos afectados, un home de 53 anos —con iniciais A.C.C.— e unha muller de 87 anos (M.O.C.A.). Posteriormente, ambos foron trasladados ao hospital en ambulancia.