Ferida grave unha muller ao caer desde cinco alturas nunha rúa de Lugo

Testemuñas presenciais apuntan que estaba acompañada dun home que intentou evitar que caese
Sanitarios y policías desplazados al lugar. EP
photo_camera Sanitarios e policías desprazados ao lugar. EP

Unha muller de mediana idade resultou ferida grave ao caer desde un terceiro piso dun bloque de pisos da Rúa Outono da Lugo que se corresponde con cinco alturas, xa que o edificio, que dá tamén á Rúa Primavera, ten baixo e entreplanta.

A vítima estaba acompañada dun home que intentou evitar, segundo testemuñas presenciais, que caese. A Policía investigaba a última hora deste martes o sucedido.

A muller foi trasladada ao Hula con vida, aínda que con fortes traumatismos.