Feijóo recomenda as memorias de Tomás Notario Vacas

Segundo o presidente da Xunta, 300 páxinas quedan curtas para a biografía "dun arxentino de nacemento que é máis lucense que a muralla"

 

photo_camera O vídeo remitido por Feijóo para a presentación das memorias. CEDIDO

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, recomendou "encarecidamente" a lectura das memorias de Tomás Notario Vacas, un "arxentino de nacemento" que se debe considerar "máis lucense ca muralla". De feito, Notario Vacas foi alcalde de Lugo en dúas ocasións.

"Para Tomás isto das memorias é un capítulo máis dunha vida digna de ser contada como un libro", indicou Feijóo en vídeo no que lle agradece a invitación á presentación das súas memorias, aínda que lamenta que por culpa da pandemia non poida acudir en persoa.

ENTREVISTA ► Tomás Notario Vacas: "Tiven que superar a adversidade varias veces, o que determinou a miña vida nestes 93 anos"

Comentarios